速報APP / 社交 / A Liña do Galego

A Liña do Galego

價格:免費

更新日期:2017-07-24

檔案大小:25M

目前版本:Release 1.1.1

版本需求:Android 4.0 以上版本

官方網站:http://www.amesa.gal/linhadogalego/

Email:linhadogalego@amesa.gal

聯絡地址:隱私權政策

A Liña do Galego(圖1)-速報App

A Liña do Galego é un servizo gratuíto ofrecido pola Mesa pola Normalización Lingüística dirixido a toda a poboación que desde o ano 2007 atende consultas sobre dereitos lingüísticos e tramita queixas cara ás institucións, empresas etc, que os vulneran; así como parabéns para quen dea pasos cara a garantir o dereito a vivir en galego.

A Liña do Galego(圖2)-速報App

Moitas e moitos galegofalantes continúan a considerar normal a exclusión do seu idioma e iso é algo que queremos axudar a mudar, porque cando a poboación non é consciente dos seus dereitos, existe un déficit democrático, que cómpre corrixir.

A Liña do Galego(圖3)-速報App

A idea de que hai dereitos lingüísticos en Galiza, tanto individuais como colectivos, non está asentada, canto máis nos territorios onde nin sequera teñen recoñecemento legal estes dereitos. Coa Liña do Galego quérese afortalar o obxectivo de dar cobertura e amparo ás persoas ás que se lles impide desenvolver a súa vida na lingua propia do país.

A Liña do Galego(圖4)-速報App

Cando unha persoa chama ou escribe, ábrese un expediente na base de datos ao que se lle asigna unha numeración para lle poder facer o seguimento. A Liña do Galego garante a completa confidencialidade das persoas que a utilicen, mais en ningún caso tramita queixas anónimas.

Con todas as queixas, consultas e parabéns da Liña do Galego realizarase un informe anual, que servirá tanto de diagnose da situación como para propor medidas de mellora para o ano seguinte.